viernes, 27 de enero de 2017

A Muralla romana de Lugo

Resultado de imagen de muralla de lugo
Foto da Wikipedia
A muralla de Lugo:

Sitúase na cidade de Lugo, Galicia. É unha edificación construída como unha barreira defensiva que rodeaba todo o núcleo da cidade, no Imperio Romano, entre os anos 260 e 325. Mide máis de dous quilómetros de lonxitude; das 85 torres, consérvanse 71 na actualidade. No ano 1921 foi catalogada Monumento Nacional e, oitenta anos despois, recoñecida como Patrimonio da Humanidade.
É a muralla mellor conservada das realizadas polos romanos. Dise que estaba rodeada por foxos duns vinte metros de largo e cinco de fondo.
A muralla, de pranta cuadrangular, rodea todo o recinto histórico da cidade. Pódese pasear por toda a parte superior e percibir o recoñecido como casco vello lucense. Foi construída con laxas e bloques de granito, e é máis alta no noroeste e descende cara o sureste.
Bea e Andrea


















 

No hay comentarios:

Publicar un comentario