viernes, 27 de enero de 2017

San Andrés de Teixido

É unha aldea da parroquía de Régoa, no leste do concello de Cedeira. A igrexa foi construída no século XVI; ten planta cadrada e conserva pinturas murais que representan o martirio de santo André.

Resultado de imagen de san andrés de teixido
Foto de Creative Commons
Para que se cumpran os desexos, pedidos ao santo hai que beber pola Fonte dos Tres Caños  e para estar seguro de que os desexos sexan concedidos hai que impulsar o trozo de pan na auga da fonte; se flota, o desexo cumplirase, pero se afunde haberá que intentalo o seguinte ano.

A lenda mais famosa é a que reza:

 "A San Andrés de Teixido, vai de morto  quen non foi de vivo".

 

Ca miga de pan fanse "sanandresiños", figuras representativas da romaría. Tradicionalmente eran tres figuras, na actualidade son cinco cos seus respectivos significados. As festas de San Andrés de Teixido  celébranse a principios de setembro finais de novembro; a romaría ao santuario é o 8 de setembro.


A man: pide polo amor as boas compañías e a amizade. 

O peixe : polo traballo e o sustento. 

Resultado de imagen de figuritas de pan de san andrés de teixido

A barca: para os viaxes, a casa e os negocios.

O santo: pola saúde física e mental e a boa convivencia. 

O pensamento: polos estudos, as probas e o bo sentido. 

                                                       Arancha e Laila

A Muralla romana de Lugo

Resultado de imagen de muralla de lugo
Foto da Wikipedia
A muralla de Lugo:

Sitúase na cidade de Lugo, Galicia. É unha edificación construída como unha barreira defensiva que rodeaba todo o núcleo da cidade, no Imperio Romano, entre os anos 260 e 325. Mide máis de dous quilómetros de lonxitude; das 85 torres, consérvanse 71 na actualidade. No ano 1921 foi catalogada Monumento Nacional e, oitenta anos despois, recoñecida como Patrimonio da Humanidade.
É a muralla mellor conservada das realizadas polos romanos. Dise que estaba rodeada por foxos duns vinte metros de largo e cinco de fondo.
A muralla, de pranta cuadrangular, rodea todo o recinto histórico da cidade. Pódese pasear por toda a parte superior e percibir o recoñecido como casco vello lucense. Foi construída con laxas e bloques de granito, e é máis alta no noroeste e descende cara o sureste.
Bea e Andrea