jueves, 3 de noviembre de 2016

Xa estamos na salida!!!

Este curso no grupo de 3º ESO PMAR xa temos claro o obxectivo: este ano faremos a "Volta a España". Un pouco de deporte non pode sentarnos mal!!!
A viaxe, nas súas 21 etapas, levaranos por terras galegas, leonesas, asturianas, cántabras, do País Vasco, dos pirineos, alicantinas, valencianas e madrileñas.
Convertirémonos nos xefes de equipo que deben planificar dende o equipamento que desprazamos, ata o aloxamento ou os lugares a visitar no tempo libre; pero tamén a climatoloxía das zonas que atravesaremos, o relevo da etapa, a densidade de poboación ou as actividades económicas dos lugares que atravesamos. Ademais, como somos curiosos, tentaremos coñecer algo da lingua e da cultura de cada zona e... un pouco de inglés para relacionarnos cos compañeiros
doutros países. É dicir, imos aprender un pouco de todo.
Somos: Cris, Jaco,  Pedro, Ari, Bea, Andrea, Sixto y Laila.
Xa sabedes, se queredes atoparnos... Estamos dando unha volta!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario